Friday 17 de May de 2024

O pasado xoves 12 de xaneiro disputouse a Fase Local “As Mariñas” do campo a través escolar



O pasado xoves 12 de xaneiro disputouse a Fase Local “As Mariñas” do campo a través escolar organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto co Concello de Cambre.

As instalcións de Acea da Ma (Culleredo), cun gran ambiente de público, serviron de escenario para que máis de 700 deportistas das Mariñas de categorías benxamín, alevín, infantíl e cadete disfrutasen dun día de competición dunha das actividades deportivas con maior tradición en Galicia.
Os Centros que participaron nesta fase foron:
CEIP Portofaro (Cambre)
CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás (Cambre)
CEIP Emilio González López de Brexo-Lema (Cambre)
CEIP San Marcos (Abegondo)
CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada)
IES David Buján (Cambre)
IES Rego de Trabe (Culleredo)
Entregáronse premios individuais (aos tres primeiros atletas clasificados en cada categoría), así como por equipos (o primeiro equipo clasificado de cada categoría). Este acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes do concello de Cambre Brais Cubeiro.

Dende o concello de Cambre queremos agradecer a participación destes centros escolares e espcialmente o traballo que realizan os profesores de Educación Física e felicitalos polo comportamento dos alumnos durante este día “deportivo”.